Premio Antón Fraguas

Premio de investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe tradicional 2017

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XXIII EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” nesta materia de acordo coas seguintes:

BASES

  1. Establécense DOUS premios:
    1. PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros.
    2. PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros
  2. A modo de orientación, para a presentación de traballos:
    1. Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, presenten patróns, medidas, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou eses traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
    2. Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS todos aqueles traballos que:
      1. Pescuden información sobre o traxe tradicional en: inventarios post-morten, na tradición oral, na iconografía (gravado, pintura, fotografía), na literatura,na lingüística e na fraseoloxía.
      2. Centren a investigación sobre: as crenzas e valores relacionados co traxe, na influencia que na indumentaria tiveron os poderes relixiosos, económicos e políticos, e sobre os aspectos sociolóxicos relacionados ca indumentaria tradicional como a dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc).
      3. Traballos que documenten a feitura dun determinado traxe, non só amosando e catalogando as pezas que o compoñen, senón tamén, investigando, quen foi o autor ou autora do mesmo, que técnicas de elaboración foron empregadas na transformación das materias primas e tamén na teceduría, nos adobíos, e nos enfeites das mesmas.
  3. Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego: Rúa do Hórreo, no 19.Galerías Viacambre Local 57-58, 15702 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2017.
  4. Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.
  5. Presentaranse orixinal e tres copias encadernadas dos traballos.
  6. A Asociación do Traxe Galego reserva para si, os dereitos de publicación dos traballos premiados durante un prazo máximo dun ano contado dende a data de concesión do premio, podendo publicalos, se así o estima conveniente, e mantendo os seus autores/as os dereitos de propiedade intelectual. Pasando dito prazo os dereitos reverterán no autor/a do traballo premiado.
  7. O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.
  8. O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.
  9. O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poderan xurdir nas súas deliberacións.
  10. Quedará o Xurado autorizado para interpretar o espírito deste premio de investigación nos casos nos previstos nas bases.
  11. Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.
  12. Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse aos seus autores/as previa petición dos concursantes.
  13. O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.

Podedes ver e descargar as bases neste enlace:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s