Premio Antón Fraguas

Acto de entrega do XXIV Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego

Concedéronse onte os dous galardóns dos “XXIV Premios Antonio Fraguas de Investigación do traxe galego”, organizados polo Concello de Santiago e a Asociación do Traxe Galego e o patrocinio de El Corte Inglés.

Francisco Collantes e José Luis Rodríguez Alvarez gañaron o premio ao traballo descritivo polo seu estudo “Cen pezas do traxe do Val do Ulla“, que recolle un centenar de pezas antigas a ambas marxes do río Ulla, nos concellos de Vedra e A Estrada. Un traballo que resume e conclúe dez anos de investigación, datación e catalogación de pezas antigas atopadas na comarca e que servirá de referencia para os amantes do atavío tradicional.

Por outra banda, David Quiñones acadou o premio ao traballo analítico polo seu estudo “Galicia, a terra dos mil panos”, que revisa os diferentes tipos de panos utilizados na nosa indumentaria tradicional, desde os do pescozo de meiriño ou seda, panos da cabeza, de namorar, etc. Este traballo describe con detalle cada un dos panos e mantos, os tecidos, as costumes e o contexto histórico no que foron usados.

IMG_5749 (2)

O Premio de Investigación Antonio Fraguas é xa un consolidado certame, que “24 anos despois do seu inicio, segue cumprindo o seu obxectivo de fomentar o coñecemento da nosa vestimenta tradicional, e con ese coñecemento, o amor polo que nos é propio, polo que nos identifica”.

Os premios foron entregados no Salón Nobre do Pazo de Raxoi de man do alcalde de Santiago de Compostela Martiño Noriega con asistencia dos Concelleiros do mesmo e Goretti Sanmartín en representación da Deputación de A Coruña e a delegada de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Santiago, Eva Calvo.

IMG_5783

Os traballos presentados foron avaliados por un xurado composto por Ana Blanco Gómez, da Fundación Rosalía de Castro; Xesús Ferro Ruibal, académico e membro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Xosé Manuel González Reboredo, do Padroado do Museo do Pobo Galego quenes loaron a calidade dos mesmos e animaron aos gañadores a seguir nas súas xa dilatadas carreiras como investigadores.

Advertisements
Premio Antón Fraguas

PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” 2018

Cartel do Premio de Investigación sobre o Traxe Galego Antonio Fraguas, XXIV edición, 2018

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XXIV EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” nesta materia de acordo coas seguintes:

BASES

1. Establécense DOUS premios:

  1. PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros
  2. PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros

2. A modo de orientación, para a presentación de traballos:

  1. Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, presenten patróns, medidas, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou eses traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
  2. Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS todos aqueles traballos que:
    1. Pescuden información sobre o traxe tradicional en: inventarios post-morten, na tradición oral, na iconografía (gravado, pintura, fotografía), na literatura,na lingüística e na fraseoloxía.
    2. Centren a investigación sobre: as crenzas e valores relacionados co traxe, na influencia que na indumentaria tiveron os poderes relixiosos, económicos e políticos, e sobre os aspectos sociolóxicos relacionados ca indumentaria tradicional como a dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc).
    3. Traballos que documenten a feitura dun determinado traxe, non só amosando e catalogando as pezas que o compoñen, senón tamén, investigando, quen foi o autor ou autora do mesmo, que técnicas de elaboración foron empregadas na transformación das materias primas e tamén na teceduría, nos adobíos, e nos enfeites das mesmas.

3. Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego: Rúa do Hórreo, no 19.Galerías Viacambre Local 57-58, 15702 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2018.

4. Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.

5. Presentaranse orixinal e tres copias encadernadas dos traballos.

6. A Asociación do Traxe Galego reserva para si, os dereitos de publicación dos traballos premiados durante un prazo máximo dun ano contado dende a data de concesión do premio, podendo publicalos, se así o estima conveniente, e mantendo os seus autores/as os dereitos de propiedade intelectual. Pasando dito prazo os dereitos reverterán no autor/a do traballo premiado.

7. O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.

8. O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.

9. O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poderan xurdir nas súas deliberacións.

10. Quedará o Xurado autorizado para interpretar o espírito deste premio de investigación nos casos nos previstos nas bases.

11. Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.

12. Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse aos seus autores/as previa petición dos concursantes.

13. O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.

Documento coas bases do premio para descargar

Premio Antón Fraguas

Premio de investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe tradicional 2017

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XXIII EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” nesta materia de acordo coas seguintes:

BASES

  1. Establécense DOUS premios:
    1. PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros.
    2. PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros
  2. A modo de orientación, para a presentación de traballos:
    1. Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, presenten patróns, medidas, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou eses traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
    2. Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS todos aqueles traballos que:
      1. Pescuden información sobre o traxe tradicional en: inventarios post-morten, na tradición oral, na iconografía (gravado, pintura, fotografía), na literatura,na lingüística e na fraseoloxía.
      2. Centren a investigación sobre: as crenzas e valores relacionados co traxe, na influencia que na indumentaria tiveron os poderes relixiosos, económicos e políticos, e sobre os aspectos sociolóxicos relacionados ca indumentaria tradicional como a dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc).
      3. Traballos que documenten a feitura dun determinado traxe, non só amosando e catalogando as pezas que o compoñen, senón tamén, investigando, quen foi o autor ou autora do mesmo, que técnicas de elaboración foron empregadas na transformación das materias primas e tamén na teceduría, nos adobíos, e nos enfeites das mesmas.
  3. Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego: Rúa do Hórreo, no 19.Galerías Viacambre Local 57-58, 15702 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2017.
  4. Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.
  5. Presentaranse orixinal e tres copias encadernadas dos traballos.
  6. A Asociación do Traxe Galego reserva para si, os dereitos de publicación dos traballos premiados durante un prazo máximo dun ano contado dende a data de concesión do premio, podendo publicalos, se así o estima conveniente, e mantendo os seus autores/as os dereitos de propiedade intelectual. Pasando dito prazo os dereitos reverterán no autor/a do traballo premiado.
  7. O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.
  8. O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.
  9. O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poderan xurdir nas súas deliberacións.
  10. Quedará o Xurado autorizado para interpretar o espírito deste premio de investigación nos casos nos previstos nas bases.
  11. Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.
  12. Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse aos seus autores/as previa petición dos concursantes.
  13. O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.

Podedes ver e descargar as bases neste enlace: